Reciclaxe,presentacion de Alejandro Combarro
View more presentations from AleexCombii.
| «Has de cantar, | ||
| que che hei de dar zonchos; | ||
| has de cantar, | ||
| que che hei de dar moitos. | ||
| - I - | ||
| «Has de cantar, | ||
| meniña gaiteira, | ||
| has de cantar, | ||
| que me morro de pena. | ||
| Canta, meniña, | ||
| na veira da fonte; | ||
| canta, dareiche | ||
| boliños do pote. | ||
| Canta, meniña, | ||
| con brando compás, | ||
| dareiche unha proia | ||
| da pedra do lar. | ||
| Papiñas con leite | ||
| tamén che darei; | ||
| sopiñas con viño, | ||
| torrexas con mel. | ||
| Patacas asadas | ||
| con sal e vinagre, | ||
| que saben a noces, | ||
| ¡que ricas que saben! | ||
| ¡Que feira, rapaza, | ||
| si cantas faremos...! | ||
| Festiña por fóra, | ||
| festiña por dentro. | ||
| Canta si queres, | ||
| rapaza do demo; | ||
| canta si queres, | ||
| dareiche un mantelo. | ||
| Canta si queres, | ||
| na lengua que eu falo; | ||
| dareiche un mantelo, | ||
| dareiche un refaixo. | ||
| Co son da gaitiña, | ||
| co son da pandeira, | ||
| che pido que cantes, | ||
| rapaza morena. | ||
| Co son da gaitiña, | ||
| co son do tambor, | ||
| che pido que cantes, | ||
| meniña, por Dios.» | ||
| - II - | ||
| Así mo pediron | ||
| na veira do mar, | ||
| ó pé das ondiñas | ||
| que veñen e van. | ||
| Así mo pediron | ||
| na beira do río | ||
| que corre antre as herbas | ||
| do campo frorido. | ||
| Cantaban os grilos, | ||
| os galos cantaban, | ||
| o vento antre as follas | ||
| runxindo pasaba. | ||
| Campaban os prados, | ||
| manaban as fontes | ||
| antre herbas e viñas, | ||
| figueiras e robres. | ||
| Tocaban as gaitas. | ||
| Ó son das pandeiras, | ||
| bailaban os mozos | ||
| cas mozas modestas. | ||
| ¡Que cofias tan brancas! | ||
| ¡Que panos con freco! | ||
| ¡Que dengues de grana! | ||
| ¡Que sintas! ¡Que adresos! | ||
| ¡Que ricos mandiles! | ||
| ¡Que verdes refaixos! | ||
| ¡Que feitos xustillos | ||
| de cor colorado! | ||
| Tan vivos colores | ||
| a vista trubaban; | ||
| de velos tan váreos | ||
| o sol se folgaba. | ||
| De velos bulindo | ||
| por montes e veigas, | ||
| coidou que eran rosas | ||
| garridas e frescas. | ||
| - III - | ||
| Lugar máis hermoso | ||
| non houbo na terra | ||
| que aquel que eu miraba, | ||
| que aquel que me dera. | ||
| Lugar máis hermoso | ||
| no mundo n'hachara | ||
| que aquel de Galicia, | ||
| ¡Galicia encantada! | ||
| Galicia frorida, | ||
| cal ela ningunha, | ||
| de froles cuberta, | ||
| cuberta de espumas, | ||
| de espumas que o mare | ||
| con perlas gomita, | ||
| de froles que nacen | ||
| ó pé das fontiñas. | ||
| De valles tan fondos, | ||
| tan verdes, tan frescos, | ||
| que as penas se calman | ||
| nomáis que con velos; | ||
| que os ánxeles neles | ||
| dormidos se quedan, | ||
| xa en forma de pombas, | ||
| xa en forma de niebras. | ||
| - IV - | ||
| Cantarte hei, Galicia, | ||
| teus dulces cantares, | ||
| que así mo pediron | ||
| na veira do mare. | ||
| Cantarte hei, Galicia, | ||
| na lengua gallega, | ||
| consolo dos males, | ||
| alivio das penas. | ||
| Mimosa, soave, | ||
| sentida, queixosa; | ||
| encanta si ríe, | ||
| conmove si chora. | ||
| Cal ela, ningunha | ||
| tan doce que cante | ||
| soidades amargas, | ||
| sospiros amantes, | ||
| misterios da tarde, | ||
| murmuxos da noite: | ||
| Cantarte hei, Galicia, | ||
| na beira das fontes. | ||
| Que así mo pediron, | ||
| que así mo mandaron, | ||
| que cante e que cante | ||
| na lengua que eu falo. | ||
| Que así mo mandaron, | ||
| que así mo dixeron... | ||
| Xa canto, meniñas. | ||
| Coidá que comenzo. | ||
| Con dulce alegría, | ||
| con brando compás, | ||
| ó pé das ondiñas | ||
| que veñen e van. | ||
| Dios santo premita | ||
| que aquestes cantares | ||
| de alivio vos sirvan | ||
| nos vosos pesares; | ||
| de amabre consolo, | ||
| de soave contento, | ||
| cal fartan de dichas | ||
| compridos deseios. | ||
| De noite, de día, | ||
| na aurora, na sera, | ||
| oirésme cantando | ||
| por montes e veigas. | ||
| Quen queira me chame, | ||
| quen queira me obriga: | ||
| Cantar, cantareille | ||
| de noite e de día, | ||
| por darlle contento, | ||
| por darlle consolo, | ||
| trocando en sonrisas | ||
| queixiñas e choros. | ||
| Buscaime, rapazas, | ||
| velliñas, mociños, | ||
| buscaime antre os robres, | ||
| buscaime antre os millos, | ||
| nas portas dos ricos, | ||
| nas portas dos probes, | ||
| que aquestes cantares | ||
| a todos responden. | ||
| A todos, que á Virxen | ||
| axuda pedín, | ||
| porque vos console | ||
| no voso sufrir, | ||
| nos vosos tormentos, | ||
| nos vosos pesares. | ||
| Coidá que comenso... | ||
| Meniñas, ¡Dios diante! | ||