|  Adios, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; |
|
| odios, vista dos meus ollos: |
|
| non sei cando nos veremos. |
|
| |
|
| Miña terra, miña terra, |
|
| terra donde me eu criei, |
|
| hortiña que quero tanto, |
|
| figueiriñas que prantei, |
|
| |
|
| prados, ríos, arboredas, |
|
| pinares que move o vento, |
|
| paxariños piadores, |
|
| casiña do meu contento, |
|
| |
|
| muíño dos castañares, |
|
| noites craras de luar, |
|
| campaniñas trimbadoras |
|
| da igrexiña do lugar, |
|
| |
|
| amoriñas das silveiras |
|
| que eu lle daba ó meu amor, |
|
| camiñiños antre o millo, |
|
| ¡adios, para sempre adios! |
|
| |
|
| ¡Adios groria! ¡Adios contento! |
|
| ¡Deixo a casa onde nacín, |
|
| deixo a aldea que conozo |
|
| por un mundo que non vin! |
|
| |
|
| Deixo amigos por estraños, |
|
| deixo a veiga polo mar, |
|
| deixo, en fin, canto ben quero... |
|
| ¡Quen pudera non deixar!... |
|
| |
|
| Mais son probe e, ¡mal pecado!, |
|
| a miña terra n'é miña, |
|
| que hastra lle dan de prestado |
|
| a beira por que camiña |
|
| ó que naceu desdichado. |
|
| |
|
| Téñovos, pois, que deixar, |
|
| hortiña que tanto amei, |
|
| fogueiriña do meu lar, |
|
| arboriños que prantei, |
|
| fontiña do cabañar. |
|
| |
|
| Adios, adios, que me vou, |
|
| herbiñas do camposanto, |
|
| donde meu pai se enterrou, |
|
| herbiñas que biquei tanto, |
|
| terriña que nos criou. |
|
| |
|
| Adios Virxe da Asunción, |
|
| branca como un serafín; |
|
| lévovos no corazón: |
|
| Pedídelle a Dios por min, |
|
| miña Virxe da Asunción. |
|
| |
|
| Xa se oien lonxe, moi lonxe, |
|
| as campanas do Pomar; |
|
| para min, ¡ai!, coitadiño, |
|
| nunca máis han de tocar. |
|
| |
|
| Xa se oien lonxe, máis lonxe |
|
| Cada balada é un dolor; |
|
| voume soio, sin arrimo... |
|
| Miña terra, ¡adios!, ¡adios! |
|
| |
|
| ¡Adios tamén, queridiña!... |
|
| ¡Adios por sempre quizais!... |
|
| Dígoche este adios chorando |
|
| desde a beiriña do mar. |
|
| Non me olvides, queridiña, |
|
| si morro de soidás... |
|
| tantas légoas mar adentro... |
|
| ¡Miña casiña!,¡meu lar! |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario