lunes, 13 de diciembre de 2010

Presentación.

Dicía o escritor Manuel Antonio no seu manifesto Mais Alá : “Agora cómprevos dicir, mozos da nosa Terra, se pensades seguir indo costa abaixo polo tempo ou encarados co porvir

Este
é o Blog dos alumnos do Ámbito Sociolingüístico de 4º de Diversificación do IES Saturnino Montojo (curso 2010-2011), un vehículo máis para proseguirmos na nosa viaxe Máis Alá, viaxe que facemos cada día na aula coa imaxinación, cos libros, coas novas tecnoloxías, coa complicidade e o compañeirismo, sempre en busca do coñecemento.

Xa nos queda moito menos para acadar o noso obxectivo inmediato, obter o título da ESO, e imos conseguilo porque como dicía Albert Einstein “Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica, A VONTADE”, con ela imos encarar o noso porvir para non deixarnos ir costa abaixo e sen rumbo pola vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario